O proxecto COMPARTIR COCHE nace da vontade do Concello de Vigo de fomentar entre a poboación un uso máis racional do coche. O servizo consiste en facilitar o encontro de persoas que están interesadas en compartir o vehículo privado para realizaren unha viaxe.
OBXECTIVOS
- Facilitar aos cidadáns e cidadás Concello de Vigo outra alternativa nos seus desprazamentos tendo en conta medidas de sustentabilidade na mobilidade.
- Diminuír a contaminación e o consumo enerxético producido polos vehículos privados.
- Mellorar a utilización do espazo público
COMO ACCEDER AO SERVIZO?
- Para ir ao traballo
Se vas a algún dos centros de traballo dos arredores, e tes que realizar sempre un mesmo itinerario co teu vehículo privado ou buscas persoas con quen compartir o coche podes compartir coche para ir traballar.
- Para ir á universidade
Se estudas ou traballas na universidade e buscas con quen compartir unha mesma viaxe cara a calquera das universidades podes compartir coche para ir á universidade.
- Para ir de viaxe
Se fas viaxes esporádicas ou non regulares, ben noutras cidades ou mesmo no estranxeiro, aquí poderás atopar persoas interesadas en compartir os gastos da viaxe. Accede a compartir coche para ir a outros destinos.
COMO FUNCIONA?
Mediante este servizo verás as persoas que están inscritas para realizar unha viaxe parecida á túa. A través do correo electrónico poderás pórte en contacto con elas. Verás cales son as súas preferencias, se dispoñen ou non de coche, motivo da viaxe, e toda unha serie de datos para facer máis doado o encontro de compañeiros e compañeiras de viaxe. Poderás deixar unha mensaxe electrónica ás persoas que consideres axeitadas para compartirdes unha mesma viaxe. Todo de forma inmediata e sen intermediarios.
