Volver á paxina principal

Compartir Coche

O proxecto COMPARTIR COCHE nace da vontade do Concello de Vigo de fomentar entre a poboación un uso máis racional do coche. O servizo consiste en facilitar o encontro de persoas que están interesadas en compartir o vehículo privado para realizaren unha viaxe.

OBXECTIVOS

  • Facilitar aos cidadáns e cidadás Concello de Vigo outra alternativa nos seus desprazamentos tendo en conta medidas de sustentabilidade na mobilidade.
  • Diminuír a contaminación e o consumo enerxético producido polos vehículos privados.
  • Mellorar a utilización do espazo público

COMO ACCEDER AO SERVIZO?

COMO FUNCIONA?

Mediante este servizo verás as persoas que están inscritas para realizar unha viaxe parecida á túa. A través do correo electrónico poderás pórte en contacto con elas. Verás cales son as súas preferencias, se dispoñen ou non de coche, motivo da viaxe, e toda unha serie de datos para facer máis doado o encontro de compañeiros e compañeiras de viaxe. Poderás deixar unha mensaxe electrónica ás persoas que consideres axeitadas para compartirdes unha mesma viaxe. Todo de forma inmediata e sen intermediarios.

Powered by Compartir.org